39
Durante unha visita ás instalacións dunha empresa do sector en Cambados, salientou que a normativa ofrece garantías xurídicas a unhas 4.000 edificacións -empresas, vivendas, centros de saúde- presentes no litoral galego e que a actual lexislación estatal poñía en risco. Rueda, acompañado polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou o peso que a cadea mar-industria ten na economía galega, ao resaltar que se trata dun sector que representa o 5 % do PIB galego, xera 9.000 millóns de euros ao ano e do que dependen 40.000 postos de traballo directos.