Rueda e a oposición non sintonizan na súa primeira interlocución


  • A líder do BNG, Ana Pontón, pregúntase para que a convoca Rueda “se non quere chegar a acordos”.
  • O líder do PSdeG, Valentín González Formoso, lamentou que o encontro con Rueda non fose “produtivo”.

A xuntanza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, cos líderes dos partidos da oposición non concretou nada novo, distanciamento total entre ambos.

A líder nacionalista, Ana Pontón, asegurou que acudira á reunión con vontade de sumar e de poñer enriba da mesa solucións para a xente que está a padecer a crise económica, pero que despois de 90 minutos de encontro seguía sen saber para que a convocara Alfonso Rueda, mais aló de sacar “unha foto”, dado que “Rueda non lle pon alternativa aos prorblemas que ten o País”, concluíu.

Pola súa banda o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, foi algo menos crítico, afirmou que o encontro non resultara todo o “produtivo” que lle gustase xa que non se puxeron sobre a mesa “cifras concretas”, aspecto que lle “decepciona excesivamente”, e que acreditou a existencia de “desacordos importantes” en cuestións fundamentais para a sociedade galega. En todo caso achegaron posturas en aspectos como a xestión dos fondos europeos aínda que, segundo Formoso, “hai tempo para seguir profundando”.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, cualificou a xuntanza de positiva e “boa” para a sociedade e afirmou que todos coinciden nas principais preocupacións da cidadanía, polo que matizou a importancia de transmitir unha postura de País. Recoñeceu que non en todo están de acordo, pero definiu o encontro de “positivo”.

Rueda e Formoso.