Rueda enxalza o papel das entidades que traballan para unha sociedade plenamente inclusiva 

1 minutes read

Así o puxo en valor durante a súa visita ás instalacións da Asociación de Dano Cerebral Compostela Sarela, na que estivo acompañado pola conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García.

“Asociacións, profesionais e centros conseguen o que dificilmente se conseguiría só desde a Administración”, admitiu o mandatario galego en referencia á “vocación e profesionalidade” que ofrecen estas entidades de atención e apoio ás persoas con discapacidade, ao igual que salientou o feito de que facilitan “o arrouparse e o empuxe” entres familias. “E isto é fundamental e insubstituíble”, aseverou.

Por estes motivos, o titular do Executivo galego agradeceu o traballo das entidades que prestan unha axuda directa a usuarios e familiares cando máis o necesitan e incidiu en que o papel das administracións é “completar” este traballo con apoios e recursos necesarios.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?