Rueda erixe Galicia en Fitur como destino turístico de calidade

1 minutes read

Así o defendeu na presentación da campaña promoción turística Galicia é auga, Galicia é vida, que se deu a coñecer en Madrid na 44 edición da Feira Internacional do Turismo (Fitur) baseada, segundo explicou, no “sinal de identidade” que supón ser a comunidade con máis quilómetros de costa e contar cun gran potencial de recursos hídricos, que están presentes nas catro provincias.

“Temos tantas cousas das que presumir e estar orgullosos e imos amosalas todas coa referencia da auga”, resumiu sobre a liña promocional da Comunidade galega en Fitur, onde puxo en valor o “ano fantástico” en materia turística de Galicia, en referencia aos case sete millóns de visitantes chegados a Galicia, segundo os últimos datos do INE, a falta de coñecer os datos referidos a establecementos extrahoteleiros de decembro de 2023.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?