Rueda inaugurou a 24ª edición do Salón internacional de turismo gastronómico Xantar

1 minutes read

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o valor dos produtos galegos á hora de consolidar á comunidade autónoma como destino enogastronómico de referencia. Así o salientou durante a súa participación na 24º edición do Salón internacional de turismo gastronómico Xantar, que se celebra ata o domingo en Ourense, e que cualificou como un “exemplo de esforzo e un encontro emblemático para xuntarse”.

Ao respecto, reafirmou o compromiso do Goberno galego coa promoción dos produtos agroalimentarios e do mar, para o que se reservan partidas por importe de 17 millóns de euros nos orzamentos do próximo ano; ademais, por suposto, doutras medidas de apoio aos produtores, ou da futura Lei de calidade alimentaria.

Rueda considerou que as excelentes materias primas galegas, xunto cun sector hostaleiro profesional e innovador, son pezas fundamentais á hora de consolidar a Galicia como un destino enogastronómico de primeira. Tanto é así, que a cociña é o segundo motivo que citan os viaxeiros que nos visitan. E, tal e como apuntou o presidente, cada vez son máis: ata setembro, Galicia rexistrou 5,7 millóns de viaxeiros aloxados, un 6% máis que o ano pasado, no que se conmemoraba o Ano Xacobeo.