Rueda incorpora a Diego Calvo á vicepresidencia segunda da Xunta


O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou este domingo o decreto polo que se establece a estrutura dos órganos de Goberno galego e que se publicará este luns no Diario Oficial de Galicia.

A estrutura da nova Xunta estará conformada do seguinte modo e coa seguinte orde de prelación:

-Vicepresidencia primeira e consellería de Economía, Industria e Innovación: Francisco Conde López

-Vicepresidencia segunda e consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes: Diego Calvo Pouso

-Consellería de Facenda e Administración Pública: Miguel Corgos López-Prado

-Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda: Ángeles Vázquez Mejuto

-Consellería de Infraestruturas e Mobilidade: Ethel Vázquez Mourelle

-Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades: Román Rodríguez González

– Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade: María Jesús Lorenzana Somoza

– Consellería de Sanidade: Julio García Comesaña

– Consellería de Política Social e Xuventude: Fabiola García Martínez

-Consellería do Medio Rural: José González Vázquez

-Consellería do Mar: Rosa Quintana Carballo

Entre outras novidades, Turismo pasa a depender da Presidencia da Xunta, como mostra da prioridade que se lle dá a esta área para esta década Xacobea.

En materia económica, a Vicepresidencia primeira será a encargada de coordinar toda a acción do Goberno neste eido, así como a política industrial. Ademais, no novo organigrama evidénciase a aposta pola xuventude e a formación profesional incluíndo as súas denominacións no nome das súas respectivas consellerías.

Cómpre recordar que, en tanto non se proceda ao desenvolvemento da estrutura deste decreto, os órganos superiores e de dirección existentes manterán a súa estrutura e funcións.