Rueda pide a Calviño un traballo conxunto para cumprir coas expectativas que ten Galicia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pediulle á vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño, un traballo conxunto para cumprir coas expectativas que Galicia ten postas nos fondos europeos destinados a proxectos industriais.

O encontro xirou ao redor de tres proxectos industriais que son prioritarios para Galicia: dous do ámbito da automoción, como son Stellantis e Showa Denko; ademais do Polo forestal que se articula coa futura planta de Altri na provincia de Lugo. “Son proxectos moi potentes, moi ilusionantes” que veñen da man de socios industriais de probada solvencia.

Rueda declarou que é “optimista co traballo conxunto que están facendo co Goberno central”, xa que a vicepresidenta escoitou con atención os asuntos que se lle trasladaron desde Galicia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha