Rueda pídelle ao Apóstolo ‘determinación para centrarnos nas  necesidades reais das persoas’

Foi este venres durante a  Ofrenda ao Apóstolo Santiago, na que actuou como delegado rexio. No seu discurso na Catedral, Rueda pediu ao Apóstolo, «recuperar a credibilidade e a lexitimidade de organizacións e institucións» no país. O presidente galego pídelle ao Apóstolo Santiago «inspiración e acerto para todos os gobernantes para centrarnos con determinación no que de verdade importa: as necesidades das persoas» e fai un chamamento a construír unha Galicia «próspera». Na misa estiveron, entre outros, o presidente do Parlamento galego, Miguel Ángel Santalices Vieira; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; e o presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo. Previamente, na Praza do Obradoiro, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou no saúdo ás autoridades.

Related posts

Falece un home no Porriño ao caerlle enrima unha árbore que estaba a cortar

Un morto e un ferido nun choque entre dous vehículos en Taboada

Medio Rural amosa ao sector forestal as súas ferramentas de última xeración para loitar contra o lume