Rueda pon en valor o investimento das empresas que apostan por Galicia

1 minutes read

Foi na inauguración do terminal marítimo de Repsol no Porto Exterior da Coruña, onde o titular do Executivo autonómico reafirmou o compromiso co tecido industrial apoiando as súas iniciativas e ofrecéndolles certezas e marcos legais estables. Asegurou que empresas como Repsol e outras compañías que apostan polos novos modelos enerxéticos contarán co apoio do Goberno galego con facilidades de financiación, bonificacións e asesoramento, ademais de certezas, cun marco legal que garante a iniciativa privada e que simplifica os procedementos. Repsol, xunto con Naturgy e Reganosa, promove un proxecto de xeración de hidróxeno renovable cun investimento de 67,8 millóns de euros que subministrará á refinería da Coruña e a outras industrias e que inxectará gas natural na rede. Foi declarado Iniciativa Empresarial Prioritaria polo Consello da Xunta en decembro de 2022 e acadou unha axuda de 15 millóns do Perte das enerxías renovables.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?