Rueda pon en valor que Galicia conte cun goberno estable

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, puxo en valor este domingo que Galicia conte cun goberno estable e dedicado a traballar por e para a xente, co único obxectivo de mellorar a vida dos galegos, e que por iso a Comunidade é a día de hoxe unha “illa de estabilidade” dentro do conxunto de España, afirmou. Explicou que o Goberno galego baixa os impostos a todos os galegos, redobra o seu apoio aos autónomos coa cota cero, conxela os prezos das autoestradas autonómicas, coida dos maiores ofrecéndolles autobús gratis e descontos en establecementos e viaxes, e a partir do próximo ano ofrecerá un bono de 5.000 euros ás familias que coidan a persoas dependentes no seu fogar. Fronte a todo isto, asegurou, Galicia non se pode render nin deixarse contaxiar das incertezas dun Goberno socialista liderado por Pedro Sánchez.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha