39
Nun acto en Lugo ante máis dun milleiro de persoas, Alfonso Rueda, presentou un programa electoral con 870 promesas e asegurou que todas elas «se poden cumprir», algunhas con achega económica e outras sen necesidade de fondos. Lembrou que o seu partido ten un «balance de xestión de 15 anos» e non é «unha folla en branco». Comprometeuse a «duplicar» o parque de vivendas públicas e alcanzar as 8.000 en Galicia no ano 2028. Ademais, apoia a «iniciativa privada» para outras 20.000 vivendas protexidas. Valentín García, que coordinou a redacción do programa, opinou que as medidas se axustan ás necesidades de Galicia e son todas realizables na vindeira lexislatura.