Rueda presume de xestión en Carballo

2 minutes read

O candidato do PPdeG á Presidencia da Xunta, Alfonso Rueda, celebrou na tarde-noite deste mércores sendos actos en Arteixo e Carballo. Na capital de Bergantiños o Pazo da Cultura acolleu ao redor de 300 persoas, entre os que se atopaban representantes dos populares en toda a comarca. 

Acompañado polo presidente do PP da provincia da Coruña, Diego Calvo, a Conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, e o presidente do PP de Carballo, Rubén Lorenzo, Rueda pediu o voto para seguir poñendo “sentidiño” e subliñou algunhas das máis de oitocentas medidas do programa electoral dos populares como a educación infantil gratuita entre os cero e tres anos, ou as axudas a persoas dependentes por contías de 5000 euros ao ano.

Rueda puntualizou que a educación universitaria contará con matrículas gratuitas para alumnos que aproben curso por ano. 

No eido sanitario o candidato popular asegurou que a sanidade pública conta con 1.300 millóns de euros máis dos que tiña na época de goberno do bipartito e acusou á oposición de “pintar a nosa sanidade como a de un país de África ou un hospital de campaña na Ucraína”.

Críticas centradas no BNG

Alfonso Rueda amosouse moi critico coas candidaturas da esquerda, especialmente coa do BNG. O candidato popular asegurou que os nacionalistas teñen como obxectivo fundamental  a independencia de Galicia e a derogación do Tribunal Constitucional. Concluíu acusando ao resto de candidatos de querer subir impostos. 

Alfonso Rueda a súa chegada ao Pazo da Cultura de Carballo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?