Rueda reclama a celebración dunha Conferencia de Presidentes

1 minutes read

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, cargou este venres contra o proxecto de España “asimétrica” que promove o xefe do Executivo en funcións, Pedro Sánchez, xunto aos seus potenciais socios de investidura e reclamou a celebración dunha Conferencia de Presidentes para que “o que afecta a todos se decida entre todos”. Acompañado de todos os integrantes do seu goberno, Rueda sinalou nunha declaración institucional no pazo de Raxoi, na praza do Obradoiro, que Galicia será “leal, pero non submisa” e que responderá “con contundencia” ao acordo anunciado entre o PSOE e ERC para a investidura. Este acordo, “de levarse a cabo”, dixo, “non só afecta o peto dos galegos”, xa que suporía “mutualizar entre todos os españois” a débeda dunha Administración que non xestionou correctamente, senón que, ademais, supón a modificación do modelo territorial do país e “erosiona gravemente” os dereitos do conxunto dos españois. Na súa intervención o titular do Goberno galego alertou contra “unha difusa e inconcreta vontade” do Executivo para “compensar” o resto de autonomías e lamentou que Galicia vaia ser “prexudicada por actuar dun modo responsable” na xestión das súas financias públicas, “todo o contrario do que fixo o independentismo catalán”. “A partir de agora, e máis forte que nunca, defenderemos a dignidade de Galicia”, concluíu.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?