Rueda reivindicou a ‘cordialidade lingüística’ no Día das Letras Galegas

Durante a súa intervención no acto celebrado no teatro Loureiro Olmo, no Barco de Valdeorras (Ourense), con motivo do Día dás Letras Galegas. Alfonso Rueda reivindicou que a «cordialidade de Galicia é tamén cordialidade lingüística» e advertiu de que «non hai razón para impoñerlle particións ideolóxicas nin estereotipos equivocados». Rueda destacou o labor realizado polo homenaxeado, Florencio Delgado Gurriarán, á hora de contribuír non só a que o galego sexa hoxe “un idioma propio” senón tamén a que “poida medirse en pé de igualdade con outras linguas do mundo” dentro desa Galicia “libre, orgullosa e cordial”. Tras reiterar que a lingua debe ser un “espazo vivo, de encontro, entre todos os galegos”, deixou claro que “hai moitas razóns e motivos para seguir impulsándoo” con forza”, concluíu.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha