Rueda reuniuse co piloto carballés Fran Gómez Pallas con motivo da súa vitoria no Rally Dakar 2026

1 minutes read

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor o nivel dos deportes de motor en Galicia durante a recepción a Fran Gómez Pallas con motivo da súa vitoria no Rally Dakar 2026 na categoría de motos eléctricas, celebrado do 3 ao 17 de xaneiro en Arabia Saudita.

Ao respecto, o titular do Executivo galego encomiou que o piloto carballés foi un dos pioneiros da mobilidade sostible na competición.

Ademais, Rueda destacou que o motociclismo en Galicia contaba, a finais do ano pasado, con 617 licencias en activo e un total de 48 clubs, e que entre 2009 e 2026 o Executivo autonómico apoiou esta actividade con preto de 1,9 M€.