Rueiros da Vila | Programación cultural en torno ás Festas dos Milagres de Caión

1 minutes read

A Romaría dos Milagres de Caión, festa catalogada de interese turístico de Galicia, celebrarase este mércores, 8 de setembro, día que precisamente por ese motivo é festivo local no termo municipal da Laracha.

En torno a esa data o Concello organiza unha ampla programación cultural que se levará a cabo baixo o título Rueiros da Vila y que incluirá diversas actividades de diferentes temáticas e dirixidas a todos os públicos. Este programa foi presentado este venres polo alcalde, José Manuel López Varela, nun acto celebrado na oficina de turismo de Caión.

Rueiros da vila realizarase ao longo de cinco días, do 8 ao 12 de setembro, en tres escenarios diferentes co propósito de sacarlle o máximo partido aos diferentes espazos existentes en Caión. Así, contarase co escenario Salseiras (zona verde xunto ao acceso principal á praia), Rueiro das Figueiras (Praza Virxe dos Milagres)e Patio (finca situada entre a igrexa parroquial e o paseo marítimo).

O alcalde considera que esta novidosa programación é “de alta calidade e adaptada ás circunstancia actuais”, polo que agarda teña “unha boa acollida entre a veciñanza e tamén entre os visitantes, axudando a impulsar a actividade económica e a promoción turística nestas datas tan sinaladas para a parroquia de Caión”.

Promo do evento.

Rueiros da vila ten o seu propio perfil nas redes sociais Facebook, Youtube e Instagram (@rueirosdavilacaion) nos que se ofrecerá información puntual sobre todos os eventos que se desenvolverán nesas datas en Caión.

O programa das cinco xornadas dos Rueiros da Vila é o seguinte: