41
O que parecía unha convivencia tranquila entre dous irmáns terminou a última hora deste mércores nunha presunta disputa entre ambos. Os feitos tiveron lugar nunha vivenda situada no lugar da Canosa, correspondente á parroquia carballesa de Rus. O 112 Emerxencias Galicia coordinou o envío de medios policiais e sanitarios ao lugar, alertados por un particular que informaba do contratempo. Acudiron á vivenda unha patrulla da Garda Civil de Carballo e unha ambulancia do 061, un dos irmáns que estaba ferido foi evacuado polos sanitarios para recibir asistencia médica e o outro foi detido. A forza actuante trata de esclarecer o ocorrido no interior da casa para derimir responsabilidades.