O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, fala dun gran acordo que permitirá que os prezos baixen. Trump anunciou este sábado que Rusia inxectará, de inmediado, no mercado estadounidense e no mundial , 300 mil toneladas de gasóleo e que así o acordou con Vladimir Putin tras unha conversa telefónica. A nova prodúcese a menos dun mes para as eleccións de medio mandato nos Estados Unidos do próximo tres de novembro. Segundo as enquisas de intención de voto, os demócratas avantaxan en seis puntos aos republicanos. Uns comicios marcados pola caída da popularidade do presidente Trump, lastrada polo encarecemento do custo da vida e pola guerra en Irán. Isto caeu regular en Ucraína. Nun comunicado O presidente Volodimir Zelenski fala dun acto «deshonesto e impropio dun aliado», os Estados Unidos terán que suavizar as sancións a Rusia, conclúe.
0
