A implicación de Occidente no conflito provocou o enfado en Moscova, que culpa ao Reino Unido das explosións que destruíron partes dos gasodutos Nord Stram no Mar Báltico. O portavoz do Kremlin, Dmitry Peskov, di que teñen probas: «Sabemos que o Reino Unido estivo involucrado neste acto de sabotaxe, dito propiamente, un acto terrorista, contra unha infraestrutura enerxética vital, e non rusa – é moi importante ter isto en conta – este tipo de cousas non poden quedar sen resposta e consideraremos outras medidas». A guerra avanza lentamente e prevese longa este inverno. As sirenas antiaéreas volveron soar en Kiev este martes e as autoridades ucraínas informaron de ataques con drons nas rexións de Poltava e Dnipró, no centro do país, e de ataques con mísiles en varias outras localidades. Cinco civís ucraínos morreron no último día.
26