40
A portavoz do Ministerio de Asuntos Exteriores de Rusia, Maria Zajarova, avisou a Suecia e Finlandia de que a súa adhesión á OTAN comportaría «graves repercusións político militares» que esixirían «unha resposta» rusa. Así o fixo saber Zajarova en rolda de prensa despois de que os dous paises nórdicos manifestasen o seu apoio ao Goberno ucraíno contra a invasión rusa que comezou o xoves e fosen convidados a participar no cume extraordinario da OTAN en calidade de observadores, xa que agora mesmo non participan na Alianza Atlántica. Ademais, a portavoz do Ministerio de Asuntos Exteriores de Rusia dixo que as relacións con Occidente están preto do «punto de non retorno».