En caso dunha guerra con medios convencionais entre potencias nucleares, «o risco de que dexenere nunha guerra nuclear é enorme», afirmou en rolda de prensa o ministro de asuntos Exteriores ruso, Sergéi Lavrov. Tamén vaticina que as relacións con Europa nunca volverán ser iguais e avoga por refacer desde cero todo o marco de seguridade do Vello Continente.
En resposta ás críticas sobre os contínuos bombardeos a infraestruturas civís, de subministración eléctrica ou de auga en pobos e cidades, Rusia asegura que están máis que xustificados porque Estados Unidos e a OTAN fornecen armas a Kiev e adestran aos soldados ucraínos. Este mércores, a OTAN comprometiase a seguir enviando armas de última xeración a Ucraína, incluídos sistemas avanzados de defensa aérea. A entrega de material militar por parte de Occidente axudou a cambiar o rumbo da guerra nos últimos meses.