Rusia afirma que a guerra contra Ucraína continuará ‘ata conseguir todos os obxectivos’

As recentes palabras do comandante en xefe ucraíno, Valeri Zaluzhni, admitindo que o conflito chegara a un punto morto, levaron a Moscova a mostrar unha postura clara a favor de continuar batallando. O voceiro do presidente Putin, Dmitri Peskov, mostrouse tallante respecto diso: «Rusia ten que alcanzar todos os obxectivos fixados».

 «O réxime de Kiev debería comprender hai tempo que mesmo falar de calquera perspectiva da súa vitoria no campo de batalla é absurdo», engadiu Peskov.

Na fronte, a guerra en efecto continúa. Varias rexións de Ucraína espertáronse este venres co son das sirenas antiaéreas. Desde Járkov, no leste, ata Leópolis, ao oeste. Na primeira, as autoridades locais informaron dun ataque con polo menos 10 drons. Un deles explotou nun taller de automóbiles, se causar feridos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha