Rusia afirma que o seu obxectivo en Ucraína non é só o leste do país


Son palabras do ministro de Asuntos Exteriores Serguéi Lavrov, que este mércores, durante unha entrevista concedida a varios medios estatais, confirmaba un cambio de estratexia por parte de Moscova como resposta á decisión de Occidente de sumisitrar a Kiev armas de maior alcance. «Agora a xeografía é diferente», dicía Lavrov. «Está lonxe de ser só as Repúblicas de Donetsk e Lugansk. Tamén son as rexións de Jersón e Zaporiya, e outra serie de territorios. E este proceso continúa. Continúa lóxica e persistentemente», dicía o xefe da diplomacia rusa, que engadía: «non podemos permitir que a parte de Ucraína que controlará Zelenski ou quen lle substitúa, teña armas que supoñan unha ameaza directa para o noso territorio». En Washington, mentres tanto, a primeira dama ucraína Olena Zelenska, pedía ante o Congreso de Estados Unidos, de maneira directa, máis armas e sistemas de defensa aérea cos que facer fronte aos ataques rusos.