O Exército ruso avanza lentamente no seu obxectivo de facerse co control total da rexión do Donbás. Este venres, cando se cumprían cen días do inicio da guerra, as autoridades ucraínas informaron que os rusos conquistaran xa un 20 % do territorio nacional. Máis de 120.000 metros cadrados que representarían case a metade de Alemaña ou Italia. Isto inclúe case toda a rexión de Lugansk, máis da metade de Donetsk e unha boa parte das estratéxicas rexións meridionais de Jersón e Zaporiyia. Ademais, Moscova converteu o Azov nun mar interior. Outras fontes advirten que Rusia podería posuír aínda máis territorio do calculado (24 %). Con todo, os prognósticos apuntan que a guerra se prolongará. Moscova evitar falar de prazos e insiste en permanecer ata cumprir os seus obxectivos.