10
Rusia endurece, outra vez, a súa lexislación contra a comunidade LGTB. A cámara baixa do Parlamento ruso votou de forma unánime unha nova lei que prohibe promover o que considera “propaganda gai” en medios de comunicación e equipara a homosexualidade á pedofilia.
Con penas de ata 10 millóns de rublos, uns 160.000 euros, sanciona ademais a distribución na internet, publicidade, literatura ou cinema o que chamou “propaganda de relacións sexuais non tradicionais”.
Segundo Amnistía Internacional, a discriminación das persoas LGTBI, impulsada por lexislación homófoba, segue sendo xeneralizada, e desde 2013 numerosos activistas polos dereitos do colectivo foron multados.