Rusia asegura que controla a localidade de Soledar pero Ucraína négao

O Ministerio de Defensa de Rusia asegurou este venres que as súas tropas tomaron o control da localidade de Soledar, na rexión oriental de Donetsk, na noite do 12 de decembro. A localidade foi escenario de sanguentos combates nas últimas semanas. Segundo o Ministerio, a toma da cidade, permitirá cortar os roteiros de abastecemento das tropas ucraínas e rodealas na veciña Bajmut, unha localidade máis grande e importante, verdadeiro obxectivo do ataque ruso. Ucraína, con todo, nega que a localidade caese en mans rusas e asegura que a batalla continúa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha