Rusia asegura que non pensa atacar Ucraína, pero non descarta un conflito

Rusia asegura a Estados Unidos que non ten intención de atacar Ucraína, pero pídelle que non subestime as posibilidades dun conflito. Pouco máis se sacou en claro da primeira xornada dunha semana de negociacións bilaterais en Xenebra para rebaixar a tensión nas relacións entre Rusia e a OTAN, que atravesan o seu peor momento desde o final da Guerra Fría. Estados Unidos rexeita a esixencia de pechar as portas da OTAN a Ucraína e Xeorxia, e defende que cada país é libre de elixir as súas alianzas. Con todo, non tivo máis remedio que sentar a negociar despois de que Rusia despregase uns 100.000 soldados preto das fronteiras ucraínas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha