Rusia ataca 5 estacións de tren en Ucraína

A ofensiva rusa no leste de Ucraína segue o patrón das súas operacións de guerra/ utilizar pequenas unidades para levar a cabo ataques dispersos ao longo de múltiples eixos no canto de tomarse as pausas necesarias para preparar operacións decisivas – segundo a análise do Instituto para o estudo da guerra.

O xefe dos ferrocarrís ucraínos declarou que cinco estaciones de tren foron atacadas este luns no oeste e o centro de Ucraína, incluídas as rexións de Leópolis e Vinnytsya. No leste: As forzas rusas adicionais están a despregarse para reforzar os ataques infrutuosos na fronte de Izyum, xa que as forzas ucraínas repeleron os limitados ataques rusos desde Izyum cara a Slovyansk e Kramatorsk nas últimas 24 horas. As operacións ofensivas rusas realizaron aquí pequenos avances ao redor de Severodonetsk.

Debido aos intensos bombardeos, «case toda a rexión de Lugansk está sen subministración de auga», dixo Serhiy Hayday, xefe da administración militar rexional, e engadiu que 30.000 familias estaban sen electricidade.

O Ministerio de Defensa británico afirma que Rusia está a planear un referendo escenificado na cidade sureña de Jerson para xustificar a súa ocupación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha