Rusia ataca a torre de telecomunicacións de Kiev

1 minutes read

Polo menos cinco persoas morreron no ataque á torre de televisión de Kiev, segundo o Goberno de Ucraína. As canles de televisión ucraínos deixaron de transmitir despois do bombardeo ruso, próximo ao lugar histórico Babi Yar, onde os nazis masacraron a máis de 100.000 persoas. O Kremlin avisou da súa intención de bombardear edificios oficiais, infraestruturas dos servizos de seguridade e centros de telecomunicacións. Moitos deses obxectivos están en pleno centro da capital e Rusia pediu aos civís que evacúen as zonas críticas. «Ao mundo: de que serve dicir ‘nunca máis’ durante 80 anos, se o mundo queda en silencio cando cae unha bomba no mesmo sitio de Babi Yar? Polo menos 5 mortos. A historia repítese…», proclamou o presidente Zelenski nun tweet. «Os criminais rusos non se deteñen ante nada na súa barbarie. Rusia = bárbaro», engadiu o ministro de Exteriores na mesma rede social.