Rusia ataca en Kiev a fábrica de mísiles Neptuno

1 minutes read

O ataque prodúcese despois de que fontes estadounidenses confirmasen que o cruceiro ruso Moskva que se afundiu o xoves no Mar Negro fora alcanzado por dous mísiles ucraínos como afirmou o goberno de Kiev pero nega o Kremlin. O Ministerio de Defensa ruso, asegura que Rusia aumentará a intensidade dos ataques con mísiles contra obxectivos en Kiev. Tras o impacto, a 65 millas náuticas da cidade ucraína de Odesa, produciuse un gran incendio.

Nun apoio tácito á autoría ucraína do ataque un bombardeo nocturno danou gravemente a fábrica de mísiles Neptuno. O portavoz oficial do ministerio de Defensa ruso, Igor Konashenkov, dixo que Rusia aumentará a intensidade dos ataques con mísiles contra obxectivos en Kiev. O goberno ucraíno ha sinalado que Rusia ataca Mariúpol con mísiles de longo alcance. Se se confirma sería a primeira vez que o exército ruso emprega este armamento desde que comezou a invasión.