Segundo Ucraína, Rusia lanzou unha vintena de ataques sobre Donestk nun só día, deixando civís mortos e feridos e medio centenar de edificios destruídos. Entre eles, din, unha escola, unha gardería, unha farmacia, unha facultade de medicina, bloques de vivendas ou unha estación de ferrocarril. As tropas rusas bombardearon quince núcleos poboacionais da rexión, un deles Pokrovsk. Segundo Kiev os rusos mandaron dez mísiles a Mikolaiv e atacaron ata sesenta veces durante a noite na rexión de Zaporiyia, as autoridades na rexión xa recuperaron máis de 1.300 corpos de civís abatidos a tiros por Rusia, pero aínda hai centos de desaparecidos. Pola súa banda, Rusia, di haber interceptado 8 mísiles ucraínos e matar a 200 soldados en Járkov e 65 en Zaporiyia.
42