50
Rusia anunciou este xoves a autorización da versión ‘light’ dunha soa dose da súa Sputnik V, cunha eficacia de case un 80% fronte a máis do 90 da orixinal. Segundo o centro de investigación Gamaleia, detrás desta vacina, a nova fórmula permitirá unha inmunización máis rápida de grupos de poboación importantes, e reducirá consierablemente a probabilidade de casos graves que requiran hospitalización. Unha das súas vantaxes será a de poder enviarse a un país cun brote concreto de coronavirus que deba ser freado rapidamente.