Tras 28 días de guerra en Ucraína con bombardeos en varias cidades, Rusia non conseguiu conquistar aínda Mariúpol un día despois de expirar o ultimato a Ucraína para que rendese a cidade e as súas tropas permanecen estancadas en varias frontes do país, segundo coinciden en afirmar o Ministerio de Defensa ucraíno e fontes de intelixencia británicas. A resistencia da cidade portuaria do Mar de Azov, onde os rusos estreitan lentamente o cerco, impide a Rusia completar o corredor terrestre para comunicar os territorios controlados polas milicias prorrusas no Donbás coa península de Crimea. As autoridades ucraínas tentan mentres tanto evacuar de Mariúpol a todos os civís que sexa posible. O Pentágono afirmou este martes que, segundo a información que dispón, os ucraínos comezaron a contraatacar aos rusos tentando recuperar territorio ucraíno, especialmente no sur do país.
40