A empresa estatal de gas polaca (PGNiG) anunciou que Rusia interrompeu o fluxo de gas a Polonia como resposta á negativa polaca de realizar os pagos de importación en rublos, cuxo prazo concluía o venres pasado. Unha situación que xa advertiu Vladímir Putin a finais de marzo e que tamén afectará a Bulgaria, foi informada a empresa estatal Bulgargaz.
PGNiG alega que «a suspensión da subministración de gas é un incumprimento de contrato. Por tanto, a empresa tomará as medidas adecuadas para restablecer a entrega de gas natural baixo as condicións acordadas e resérvase o dereito de reclamar os seus dereitos contractuais». Segundo o portal polaco de noticias ‘Onet’, produciuse unha «redución significativa na subministración de gas» xa nos últimos días por parte rusa.
34