Rusia bombardea Kiev con drons de fabricación iraniana

A capital de Ucraína, Kiev, sufriu na madrugada e a mañá do mércores un novo ataque ruso con drons de fabricación iraniana.

O alcalde da cidade, Vitali Klitschkó, informou de explosións no distrito de Shevchenkivi, onde se sitúan os edificios administrativos, históricos e universitarios. «Os servizos seguen operativos», dixo o alcalde.

Informouse tamén de que os rusos lanzaron «dúas ondas» de drons, e que 13 foron abatidos. Os restos caeron e danaron un edificio administrativo e catro residenciais, sen vítimas.

O ministro de Asuntos Exteriores, Dmytro Kuleba, advertiu de que Rusia podería estar a preparar unha gran ofensiva para comezos de 2023.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha