37
Rusia intensifica os seus ataques no oeste de Ucraína e achégase cada vez máis á fronteira coa Unión Europea (UE) e a OTAN. O bombardeo contra unha base militar na rexión de Leópolis, a tan só 25 quilómetros de Polonia, deixou polo menos 35 mortos e 134 feridos. O gobernador da rexión, Maksym Kozytskyi, pediu á OTAN unha zona de exclusión aérea. O presidente polaco, Andrzej Dúbida, insistiu que non poden entregar avións de combate a Ucraína polo risco de desencadear unha guerra global. Sobre o terreo, as tropas rusas seguen o seu avance cara a Kiev e recrúan a súa ofensiva por todos os flancos. No oeste, ademais da base de Leópolis atacaron o aeroporto de Ivano-Frankivsk, a 153 quilómetros de Romanía.