Rusia cesa ao xeneral Surovikin, xefe das forzas aeroespaciais

1 minutes read

Rusia confirmou o cesamento do xeneral Surovikin o día no que xa ten substitución para o cargo que obstentaba desde 2017 de xefe das Forzas Aeroespaciais.

O xeneral Afzálov será o seu substituto. Surovikin é coñecido polos seus estreitos lazos con Prigozhin o xefe do grupo Wagner e caeu en desgraza tras a errada rebelión armada protagonizada polos mercenarios rusos a finais de xuño. 

O tamén coñecido como “xeral Armagedón” desapareceu do ollo público desde entón. Segundo unha fonte do diario ruso RBC, Surovikin atópase no medio de “unhas curtas vacacións”.

O Kremlin nunca chegou a confirmar o arresto do xeneral por apoiar o motín, o que tamén foi refutado pola súa propia filla.

Surovikin dirixiu, coa excepción duns poucos meses, o continxente militar ruso en Siria entre 2017 e 2019, polo que o presidente ruso, Vladímir Putin, concedeulle persoalmente o galardón de Heroe de Rusia.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?