Rusia confirma o uso de mísiles hipersónicos no seu último bombardeo en Ucraína


Putin realizou bombardeos masivos en Ucraína, os peores en semanas. Hai seis mortos confirmados e un número indeterminado de feridos. Cinco dos civís falecidos rexistráronse na rexión de Leópolis, no oeste, o sexto na rexión de Dnipro. En Kiev, a capital, o seu alcalde informou de polo menos dous feridos. En Járkov, a segunda cidade do país, no leste de Ucraína, os últimos ataques deixaron aos seus habitantes sen auga, electricidade, nin calefacción. As defensa aéreas ucraínas abateron 34 dos 81 mísiles lanzados por Moscova. A central nuclear de Zaporiyia tamén se quedou fóra da rede eléctrica e funciona con xeradores de emerxencia. O operador alertou do risco de accidente nuclear, do mesmo xeito que o xefe do OIEA, que dixo que “estamos a xogar con lume”.