Rusia corta a subministración de gas a Países Baixos ao negarse a pagar en rublos

Esta decisión chega pouco despois de que a empresa neerlandesa GasTerra lle notificase a Gazprom que non ten intención de efectuar os pagos polo gas fornecido en rublos a través de Gazprombank. A empresa neerlandesa mostrouse confiada en que «o mercado europeo do gas está moi integrado e é extenso», aínda que recoñeceu que «é imposible predicir como afectarán» os recentes acontecementos. «GasTerra instou repetidamente a Gazprom a respectar a estrutura de pago acordada contractualmente e as obrigacións de subministración, pero foi en balde», sinalaron. Países Baixos únese así a Polonia, Bulgaria e Finlandia, quen adoptou tamén a decisión de non abonar o prezo do gas ruso en rublos e que lles custou a suspensión da subministración.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha