Rusia asegurou que o domingo frustrou unha gran ofensiva ucraína en cinco sectores da rexión de Donetsk (este), na que, segundo Moscova, Kiev perdería a máis de 250 homes e numerosos blindados. Desde Ucraína, recoñecen que as súas forzas pasaron a “accións ofensivas”, pero din que estas non forman parte de ningunha operación maior.
Non está claro, por tanto, se o ataque reportado por Rusia é xa parte da esperada contraofensiva ucraína para recuperar territorio, ou se trata só de ataques menores destinados a obrigar a moverse ás tropas rusas e detectar os seus puntos débiles.
Segundo a viceministra de Defensa de Ucraína, Hanna Maliar, Rusia pretende con estas afirmacións desviar a atención da “derrota” das súas tropas e o propio Exército ucraíno, que o domingo renovou a súa petición de silencio operativo ante a esperada contraofensiva que levan meses anunciando, sinalou a Reuters que non ten “noticia” de que haxa unha “gran ofensiva”.