Rusia destrúe drons marítimos lanzados contra a ponte de Crimea

Rusia montou ata sete barreiras flotantes antisabotaxe para protexer a Ponte de Crimea. O primeiro ataque que ocorreu en outubro de 2022 e deixou 5 mortos, causou danos significativos tras estalar un camión bomba na infraestrutura. O pasado mes de xullo outro ataque matou a unha parella e feriu gravemente á súa filla. Doutra banda, na rexión rusa de Bélgorod, na fronteira con Ucraína, dous drons ucraínos foron tamén interceptados.

Rusia afirmou destruír tres drons marítimos ucraínos lanzados contra a ponte de Crimea, que une a anexionada península e o continente ruso, o que obrigou ao seu peche temporal por terceira vez en menos dun ano. O pasado 5 de agosto un dron marítimo que transportaba 450 kg de explosivos alcanzou un petroleiro ruso atracado no Mar Negro que transportaba combustible.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha