Varios mísiles impactaron este domingo nunha refinería na cidade ucraína de Odesa, no sur do país, sen que polo momento se rexistraran vítimas, segundo informou a medios locais o coronel do Comando Operativo Sur do Exército de Ucraína, Vladislav Nazarov. As explosións deixáronse sentir a quilómetros do lugar e do complexo da refinería levantáronse tres columnas de fume negro visibles desde toda a cidade. Rusia confirmou o ataque e afirmou que os mísiles destruíron a refinería e tres instalacións de almacenamento de combustible que, segundo o Ministerio de Defensa ruso, eran utilizadas por Ucraína para abastecer ás súas tropas preto de de Mykolaiv. Odesa é a terceira cidade ucraína e o principal porto do país, polo que perdela supoñería un duro golpe para a economía ucraína.