Rusia di que bombardeou un arsenal e non un centro comercial en Kremenchuk


En Ucraína, unhas corenta persoas seguen desaparecidas baixo os entullos tras o ataque ruso con mísiles que deixou este luns polo menos vinte mortos e preto de sesenta feridos nun centro comercial de Kremenchuk, no centro do país. O centro comercial estaba cheo, pero moitas persoas puideron escapar. Rusia nega atacar con mísiles o centro comercial, senón un almacén con armas e municións de EEUU e de países europeos, que detonaron e provocaron «un incendio» nese edificio anexo. Algo que rexeitou o ministro do Interior de Ucraína, Denis Monastyrsky, quen afirmou que alí non «había material militar algún». O edificio quedou totalmente calcinado, convertido nun amasillo de ferros carbonizados, polo que o número de vítimas podería aumentar nas próximas horas.