Rusia e Bielorrusia dan un paso cara á integración


Vladímir Putin e Alexadr Lukanshenko deron un primeiro paso cara á integración entre Rusia e Bielorrusia. Os presidentes de ambos os países asinaron un acordo para crear un espazo económico común tendo como pano de fondo os temores de occidente a que Bielorrusia sexa completamente absorbida polo seu xigantesco veciño. O acordo ten lugar no medio un cada vez maior illamento internacional de Bielorrusia pola represión que sofre a oposición desde as fraudulentas eleccións presidenciais de agosto de 2020. Lukashenko necesita o apoio ruso, pero non está claro a que prezo. No plano militar, Rusia e Bielorrusia comezaron este venres unhas manobras conxuntas moi criticadas por Occidente. Teñen lugar ás portas das fronteiras da OTAN e participan nelas máis de 200.000 efectivos.