Rusia e China realizan unhas manobras militares conxuntas

1 minutes read

Rusia e China sacaron músculo nunhas manobras militares conxuntas levadas a cabo na na rexión de Ningxia Hui, no noroeste de China. Moscova participou con varios cazas e unha unidade de infantería motorizada. Segundo o ministro de Defensa ruso, Sergei Shoigu, estas manobras reflicten un «novo nivel» de cooperación militar, en beneficio da estabilidade rexional e mundial. Rusia e China levaron a cabo unha serie de manobras conxuntas nos últimos anos, nas que participaron avións de combate e buques de guerra. Entre elas, un exercicio no que bombardeiros dos dous países sobrevoaron o mar de Xapón e Mar de China Oriental.