- Os feitos ocorren tras a ameaza de sanción por parte de EE.UU. ao país turco
O Ministerio de Defensa turco anunciou que se efectuou a primeira entrega do sistema ruso de defensa S-400, que é considerado de uso inapropiado por un membro a Otán, ademais de que EE.UU. ameazou con impoñerlle sancións á súa utilización. “A primeira cota do sistema de defensa de mísiles S-400, que se adquiriu para cubrir as necesidades de defensa aérea e de mísiles en Turquía, comezou a chegar á base aérea de Mürted en Ankara dende o 12 de xullo”, manifestou o ministerio. A canle pública TRT mostrou imaxes de tres aeronaves aterrando na base aérea de Ankara, iniciando o despregamento do sistema de defensa ruso nese país. A compra dos S-400 por Ankara foi denunciada por Washington, que reaccionou con ameazas de suspender a participación de Turquía no programa de desenvolvemento dos avións caza F-35 e, mesmo, coa imposición de sancións ao país.