37
O presidente ruso, Vladímir Putin, aprobou o envío de «voluntarios» de Oriente Medio á guerra de Ucraína para loitar por Rusia. Nunha reunión do Consello de Seguridade nacional, o Ministro de Defensa ruso, Serguéi Shoigu, asegurou que hai 16.000 destes supostos voluntarios listos para ser enviados á fronte ucraíno, concretamente ás rexións independentistas de Lugansk e Donetsk, no leste do país.
«Se ves que hai esta xente que queren loitar por vontade propia, non por diñeiro, e vir axudar á xente que vive no Donbás, entón temos que darlles o que queren e axudarlles a chegar á zona de conflito», declarou Putin.