Unha nova morte sospeitosa en Rusia fixo saltar todas as alarmas a nivel internacional. Esta vez foi o magnate Vitaly Robertus, vicepresidente da petroleira Lukoil, quen perdeu a vida á idade de 53 anos. Segundo as primeiras investigacións, Robertus suicidouse no seu despacho esta mesma semana. Xusto antes da súa morte, medios locais apuntaban a que sufría fortes dores de cabeza.
A contorna do empresario asegura que levaba horas sen atender ao teléfono. Eso fixo que algúns traballadores decidisen entrar na súa oficina, onde atoparon o corpo sen vida. Todo apunta a que a causa da morte, un suicidio segundo as primeiras informacións, sería a asfixia. Vitaly Robertus levaba tres décadas traballando para a compañía petroleira e, segundo informou nun comunicado a empresa, morrería o pasado martes día 12. Precisamente no mes de marzo, pero do ano 2022, o Consello de Adminstración de Lukoil pediu o final da guerra en Ucraína.
Desde que comezou a invasión de Rusia a Ucraína, faleceron catro altos cargos de Lukoil. O primeiro en morrer foi o entón presidente da compañía, Vladimir Nekrasov, a causa dunha insuficiencia cardíaca. Outros directivos e membros do Consello de Administración que perderon a vida son o presidente do mesmo, no ano 2022, Ravil Maganov, quen caeu por unha xanela do Hospital Clínico Central de Moscova; e un dos seus homes de confianza, por un fallo cardíaco.