Rusia confirmou que iniciou este martes unha nova fase da guerra en Ucraína coa ofensiva no Donbás, segundo sinalou o ministro ruso de Exteriores, Serguéi Lavrov. «A operación no leste de Ucraína ten como obxectivo, como xa se anunciou, a liberación completa das repúblicas de Donetsk e Lugansk. Esta operación continuará, a seguinte fase desta operación especial está a comezar», declarou Lavrov cando se cumpriron 55 días desde o comezo da invasión. Anteriormente, o presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, afirmara que Rusia desencadeara a súa «gran ofensiva» no leste do país. Este martes, segundo diversas fontes, producíronse ataques a gran escala en Rubizhne, Pospasna e Marinka, na rexión de Lugansk, con apoio de artillería pesada.
44