Rusia lanza a ofensiva para controlar Donetsk

1 minutes read

Durante os últimos días, os bombardeos en Kramatorsk deixaron un rastro de desfeitas e destrución no que é o centro administrativo da rexión ucraína de Lugansk. O ministro de Defensa ruso, Serguéi Shoigu, na súa reunión este luns co presidente Vladímir Putin, comunicou o triunfo oficialmente despois da toma de Lisichansk.

A televisión rusa difundiu a resposta de Putin para controlar o donbás ucraíno:«As unidades militares, incluíndo o grupo oriental e o grupo occidental, deben levar a cabo as súas tarefas #de acordo con os plans previamente aprobados. Espero que todo se desenvolva nese sentido da mesma maneira que ocorreu ata o de agora en Lugansk.»

O gobernador da rexión de Lugansk explicou que a decisión de retirar as tropas ucraínas da cidade de Lisichansk tomouse para evitar un «segundo Mariúpol». SerhiyHaidai asegurou que as forzas ucraínas prefiren lidar cos bombardeos e os ataques de artillería que tratar de enfrontar unha batalla pola cidade en varias frontes.